viernes, 29 de abril de 2011

Generic views con ForeignKey(User)

Con generic views podemos facer os accesos máis comúns á base de datos (engadir, borrar, editar, consultas...). A veces haberá que facer pequenos engadidos de código para conseguir axustes. Hoxe vamos ver cómo subir archivos ó servidor sin perder o trazo dos donos deses archivos.

models.py


Queremos aceptar un archivo que o usuario sube, e que o usuario lle dea unha descripción ó archivo. Comprobar que ese archivo sea seguro (que non nos suban un script, por exemplo) é outra tarea distinta que queda nas mans do programador.

from django import forms
from django.db import models
from django.forms import ModelForm
from django.contrib.auth.models import User
import uuid

def set_path(my_model, file_name):
'''Sets the file_path for the uploaded file'''
return "uploads/{0}".format(uuid.uuid1())

# Create your models here.
class OurModel(models.Model):
name = models.CharField(max_length=50)
user = models.ForeignKey(User, editable=False)
file_path = models.FileField(upload_to=set_path, blank=True)

def __unicode__(self):
return self.name

class OurModelForm(ModelForm):

class Meta:
model = OurModel
exclude = ("user",)


urls.py



Estando dentro da nosa aplicación, empezaremos necesitando a vista de list_detail.object_detail e a de create_update.create_object. Como imos a modificar aparte de crear o obxeto, a vista xenérica de create_object hai que desplazala a unha función de views.py (será add).

from django.conf.urls.defaults import *
from models import OurModel, OurModelForm

import views

urlpatterns = patterns('',
url(r'^(?P<object_id>\d+)/$',
"django.views.generic.list_detail.object_detail",
dict(queryset=OurModel.objects.all()),
name='ourmodel_detail'),
url(r'^add/$',
views.add,
name='ourmodel_add'),
)


views.py



Aquí creamos a función add que se chama desde urls.py. Nesta función trataremos as chamadas GET e POST, xa que o formulario ten o "action" cara sí mesmo. Si se chama vía GET, devolvemos a vista de create_object, si se chama vía POST, instanciamos o modelo cos datos que nos veñen do formulario, instanciamos un usuario (User) co usuario que está logueado e pasámoslle ambas instancias ó modelo, para que as grave.

O "truco" está en cargar o formulario e preparalo para grabar (commit=False), xa que a partir deste momento poderemos cargarlle tamén a instancia de "User". Despois da grabación, podemos redirixir o usuario cara calquer páxina, aquí mandámolo a un object_detail do recén grabado.

from django.views.generic.create_update import create_object
from django.views.generic.list_detail import object_detail
from django.contrib.auth.decorators import login_required
from django.contrib.auth.models import User

from models import OurModel, OurModelForm

@login_required
def add(request):
if request.method == "POST":
form = OurModelForm(data=request.POST,
files=request.FILES)
if form.is_valid():
our_model = form.save(commit=False)
our_model.user = User.objects.get(pk = request.user.id)
our_model.save()

return object_detail(request,
OurModel.objects.all(),
object_id=align.id)

return create_object(request,
model=OurModel,
form_class=OurModelForm,
login_required=True)


templates



Necesitamos só dous templates, /our_app/ourmodel_detail.html e /our_app/ourmodel_form.html. Con un pequeno cambio: os formularios que suben archivos teñen unha propiedade añadida

<form enctype="multipart/form-data" method="post" action="."></form>


Listo!

Resultado



Cando un usuario rexistrado accede á páxina http://ourserver.com/ourapp/add/ por primeira vez (vía GET), o urls.py lévao á función def add de views.py. Nesa función sáltase toda a parte "non POST", e simplemente saca o generic view para create_update.create_object, que presenta o formulario indicado.

Si o usuario enche o formulario correctamente (se non o fai, o generic view automáticamente volve para atrás), chámase a función add de novo, pero agora vía POST e cos datos apropiados. Agora entramos no proceso propio de grabar o modelo na base de datos cos datos apropiados.

miércoles, 6 de abril de 2011

Django con generic views

Nota: generic_views a partir de Django 1.3 compórtanse como clases, tal e como indican no manual (migración)

Imos progresando con Django. Onte descubrín as generic_views, e de cómo levo facendo o "mono" creando funcións en views.py para cargar os modelos da base de datos. generic_views veñen na instalación de Django en django.views.generic, así que abrimos unha consola python/django
python manage.py shell
>>>import django.views.generic
>>>help(django.views.generic)

Obtendo a documentación da nosa instalación. Na miña sae:
PACKAGE CONTENTS
    create_update
    date_based
    list_detail
    simple

E así sabemos qué librerías de generic_views temos dispoñibles. Podemos importar estas librerías para saber cómo funcionan, e pedir axuda igual que antes:
python manage.py shell
>>>import django.views.generic.create_update
>>>help(django.views.generic.create_update)

Para o exemplo utilizaremos create_object, función que engade unha entrada na base de datos baseándose no modelo.

Modelo


/elements/models.py

from django.db import models

class Content(models.Model):
    family_choices = (
        ("A", "A family"),
        ("B", "B family"),
        ("C", "C family"),
    )

    name = models.CharField(max_length=50)
    family = models.CharField(max_length=8, choices=family_choices)
    subfamily = models.CharField(max_length=50)
    content = models.CharField(max_length=32767)
    add_date = models.DateTimeField()
    def __unicode__(self):
        return self.name

Template


O template, según vimos na axuda help(django.views.generic.create_update) debe estar ubicado de forma que o Django o atope. A documentación decía Templates: "app_label/model_name_form.html", que no noso caso sería elements/content_form.html.

<form method="post" action=".">
{{ form.as_p }}
<input type="submit" />
</form>

Como é normal, podemos envolver este formulario en calquer {% block %} que entre ben no noso deseño.

Urls


Nas urls.py está a clave da cuestión. No urls.py base poñeremos:
(r'^elements/', include('noso_app.elements.urls'))
E en elements/urls.py poñeremos:

from noso_app.elements.models import Content
...
(r'^add/$', 'django.views.generic.create_update.create_object', dict(model=Contents, post_save_redirect="/elements/"))

O parámetro "post_save_redirect" será a url á que iremos despóis de facer o gardado na base de datos.

Resultado


Agora cando entremos no noso dominio.com/elements/add, sairanos un formulario que automáticamente gardará as entradas na base de datos. Parece complicado, pero si nos fixamos estamos evitando calquer interacción directa coa base de datos, nin temos que escribir ningún views.py para manexar a entrada de datos. Si navegamos na documentación de generic_views atoparemos atallos para listar, borrar, actualizar... sin picar case nada de código.